29ago19:00Sinfonía de soñosPEQUERRECHOS | De balde19:00(GMT+02:00) Porta do Sol
Detalles do eventos
Este sábado 29 de agosto, ás 19:00 horas, a Porta do Sol acollerá o espectáculo infantil e familiar “Sinfonía de Soños”, unha proposta musical e escénica de acceso
Detalles do eventos
Este sábado 29 de agosto, ás 19:00 horas, a Porta do Sol acollerá o espectáculo infantil e familiar “Sinfonía de Soños”, unha proposta musical e escénica de acceso libre e gratuíto.
A representación contará coa participación da Agrupación Musical Atlántida de Matamá, acompañada polo saxofonista Rafael Yebra, e coa compañía Barafunda, que levará á escena “Sinfonía de Soños” coa música interpretada pola formación de Matamá.
O concerto suma a música da agrupación de Matamá coa experiencia escénica de Barafunda, compañía galega fundada en 2009 e dedicada a disciplinas como o teatro de rúa e de sala, o clown ou os títeres. Pola súa banda, Rafael Yebra é doutor pola Universidade Politécnica de Valencia e profesor de saxofón no Conservatorio Superior de Música de Vigo, cunha ampla traxectoria na música contemporánea e colaboracións con formacións como a Orquestra Vigo430 ou a Real Filharmonía de Galicia.
A dirección da Agrupación Musical Atlántida de Matamá corresponde a Enrique Lorenzo Vila, catedrático de Trompa no Conservatorio Superior de Música de Vigo e director tamén da Escola de Música e da Coral Atlántida de Matamá.
Hora
29 agosto, 2026 19:00(GMT+02:00)
Localización
Porta do Sol
Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
setembro




