Sinestesia + Espiño – A Movida

novembro, 2018

02nov22:00Sinestesia + EspiñoCONCERTO | 6,00 €22:00 La Pecera

Máis

Detalles do evento

Sinestesia acaban de publicar o tema “Aquí y ahora” en formato “ Videosingle”. Este será o primeiro dunha serie de temas que se irán publicando cada més aproximadamente. Este proxecto pretende combinar o audiovisual e o musical. Cada tema terá unha portada distinta da artista gráfica e pintora Carme Cerviño, e algúns dos temas serán sacados en formato vídeo con Alfredo Pérez e Diego Otero como realizadores.

É en febreiro de 2014 cando, tras reunir gravacións dispersas, sacan o seu primeiro LP. Baixo o título “o punto de luz do Faiado” Sinestesia
SINESTESIA reúne a súa mellor colección de cancións, achegándose máis que nunca ao son americano. Os medios tempos e o ton contido pero intenso son sen dúbida os puntos fortes da banda, que sente cómoda nese contexto no que as cancións “se contan”, e no que a música se supedita á voz principal.
En 2016 publican o seu segundo LP titulado “Quien va a poder con esto?”.
O grupo vira a un son menos evidente, onde
certos escintileos de blues e de jazz complementan as súas cancións, que con todo, seguen apontoadas no Rock americano e o Pop. As letras dan un xiro, e as vivencias cotidianas mesturanse con imaxes surrealistas, acentuando esa tensión entre o social e a subxectividade individual. A parte instrumental cobra maior presenza, conformando un tándem moi característico entre lírica e instrumentación.

Espiño é o vehículo de expresión artística do compostelán Alfonso Espiño. Explorando un estilo pop-art-progresivo-folk-psicodélico, artella un temario de composicións propias cantadas en galego. Alfonso Espiño presenta, acompañado de Brais Sánchez, as cancións do seu mini elepé I (2017) en formato acústico, ademáis do resto de temas que compoñen o seu repertorio habitual e novas composicións.

Espiño formouse tras a disolución de Los Chavales en outubro de 2016. Nada máis montar a banda, alzouse co primeiro premio do II Certame Galicia Creativa, convocado pola Fundación Autor a finais dese ano, na categoría pop/rock. Dito premio permitiu á formación gravar un primeiro disco, I, que se presentou en rolda de prensa o 1 de xuño de 2017. O álbum, producido por Alfonso Espiño e Gerardo Amigo, está composto por seis cancións escritas e arranxadas polo propio Espiño, e conta coas colaboracións de Álvaro Crego ás trompetas e trompas e Quim Fariña ós violíns.

Ós poucos días da publicación de I, Espiño lanzou o sinxelo dixital Flores, tambores e ilusións, que formou parte da banda sonora da época estival. En decembro de 2017, Espiño contribuiu ó CD recopilatorio de Xonix Records Nada(l): 13 Panxoliñas Orixinais De 13 Bandas Galegas Actuais coa canción A Noite de Alban Artuan.

O paso de Espiño por multitude de festivais nos últimos meses (Felipop, Noroeste Estrella Galicia, Feito a Man, Vive Nigrán, Festival de la Luz, Galegote Rock, Curruncho Pop…) manifesta o interese e o apoio do público e dos programadores polo músico santiagués, que xa traballa en novas melodías que está a presentar nos directos de 2018.

Hora

(Venres) 22:00

Lugar

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

X