REVISTA ABRIL

Sinerxias entre Arte e Feminismo

13xuñ19:00Sinerxias entre Arte e FeminismoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

A que nos referimos cando falamos de Arte Feminista? Ten a Arte una función social? É necesario o polémico canon na programación de museos, galerías e feiras de arte? Precisamos reescribir a historia da arte dende o feminismo? Cal é o papel da educación á hora de desmantelar as estructuras patriarcais?

Todas estas cuestións e algunhas outras, serán tratadas neste faladoiro por Celeste Garrido, tomando como refencia algunhas das súas obras máis emblemáticas, así coma as de outras moitas artistas que, a través da súa creación contribúen a promover un cambio social estructural, mediante o traballo colaborativo, a sororidade e as alianzas entre iguais.

Celeste Garrido Meira (Marín, Pontevedra 1972), escultora e feminista, ten unha ampla traxectoria en proxectos teóricos e expositivos moi relacionados coa identidade e con cuestións de xénero.

Máis

Hora

(Martes) 19:00(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events