08nov12:00Sinerxias 430: Murmurios e correntesFESTIVAIS E FEIRAS | Desde 6,00 €12:00(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O Festival Internacional de Música de Cámara en Vigo ‘Sinerxias 430’ afronta o fin da súa primeira edición con catro actividades: unha mesa redonda e tres concertos. As entradas dos directos no Teatro Afundación e o Auditorio Martín Códax están xa á venda a un prezo moi reducido.

Entre o 5 e o 9 de novembro, Vigo converterase no punto de encontro dos seguidores da música de cámara con catro citas que convidan a pensar, sentir e redescubrir esta especialidade.

5 de novembro ás 19:00 h – Auditorio David Russel (Conservatorio de Música de Vigo)
Mesa redonda ‘Mulleres compositoras: un relato esquecido ou unha historia por contar?’

O encontro, que conta coa colaboración de “EnClave Morada” do CMUS Profeisonal de Vigo, abordará as luces e sombras dun relato musical aínda por reescribir, un espazo de diálogo para recuperar as voces silenciadas e construír unha historia máis inclusiva e verdadeira.

As participantes serán Patricia Kleinman, fundadora e directora de ‘Proxecto CompositorAs’; Gloria Rodríguez, compositora e docente no CMUS Profesional de Música e Vigo; Susana Pérez Otero, doctoranda en Equidade e Innovación educativa pola UVigo, membro de Eclavemorada e coordinadora de música do Proxecto Europeo ‘Women’s Legacy’; e Clémence de Forceville, violinista que acaba de publicar un disco con obras de Mel Bonis e ofrecerá un recita o venres 7 de novembro no festival. A mesa redonda será conducida por Maria Orois.

7 de novembro ás 20:00 h – Auditorio Afundación
Concerto ‘Camiños cruzados’

A violinista Clémence de Forceville e o pianista Sergio Gómez ofrecerán unha viaxe sonora pola Francia e a Bélxica de
entre séculos, onde o lirismo romántico e a modernidade crúzanse. O directo, baixo o título de ‘Camiños cruzados’, percorrerá dende a elegancia hispánica de Chaminade ata a audacia armónica de Mel Bonis, pasando polo Ravel máis jazzy e o Ysaÿe de raíces rurais. Un percorrido polas tensións e encontros da identidade musical europea.

8 de novembro ás 12:00 h – Auditorio Martín Códax (Conservatorio de Música de Vigo)
Concerto ‘Murmurios e correntes’

Protagonizado por Luz Elisabeth Sánchez (viola) e Santiago Meijide (piano) xunto cos integrantes do Ensemble Vigo 430 Elena Meyer (violín), Alessandra Gallo (violonchelo) e Raquel Miguélez (contrabaixo). O directo ofrecerá unha “corrente de emocións que invita a escoitar a natureza e da música en movemento”, asegura Escobar. O programa estará centrado na música alemá de Clara Schumann, Paul Hindemith y Franz Schubert e viaxará polo romanticismo doméstico á modernidade expresiva, rematando co célebre ‘Quintento A Troita’, símbolo de frescura e vitalidade.

9 de novembro ás 19:00 h – Auditorio Martín Códax (Conservatorio de Música de Vigo)
Concerto “Fortalezas do espírito”

Programa cheo de intensidade e contraste. Dorottya Standi (violonchelo) e Jevgēnijs Čepoveckis (violín) liderarán un diálogo entre épocas e sensibilidades, acompañados polo Enseble Vigo 430 no seu formato de quinteto de metais. Os
compoñentes desta formación serán Adolfo Caride (trompeta), Rodrigo Iglesias (trompeta), Óscar Davila (trompa), Jesús Vicente (trombón) y Sergi Vanyó (tuba). Dende o folclore húngaro estilizado por Kodály pasando espiritualidade contemporánea de Pēteris Vasks, ata o poderoso Concerto para violonchelo e metais de Tristan Schulze, este directo pechará por todo o alto o ciclo organizado pola Orquestra Vigo 430.

Hora

8 novembro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events