10out18:0018:30Sinatura 'Entre mares', de María GilACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00 - 18:30(GMT+02:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

María Gil asina o seu libro “Entre mares” mañá, venres 10 de outubro, ás 18.00 h na libraría (5ª planta) de El Corte Inglés de Vigo.

“Entre mares”

Mariela, unha executiva triunfadora e soñadora a partes iguais, embárcase nun intenso, arrasador e por momentos devastador viaxe emocional no que o mar da salvaxe costa Ártabra se converte no seu confidente. Ao longo deste percorrido explorará o amor, a traizón, a propia identidade e o desexo de atopar o seu lugar no mundo.
A través dunha prosa envolvente e dunha ambientación que convida a perderse nas paisaxes do norte de Galicia e nas emocións máis fondas, Entre mares é unha novela sobre o valor de arriscar, a profundidade e a complexidade do amor e da propia vida.

María Gil Molinos (Vigo, 1973)

Especializada no desenvolvemento de persoas, experta en negociación e organización empresarial, dedica a súa carreira profesional a desempeñar cargos directivos na área de recursos humanos en compañías de distintos sectores industriais.
Apaixonada pola lectura e a escritura desde moi nova, María soubo compaxinar a súa curiosidade polo coaching, a PNI, a comunicación e a intelixencia emocional —disciplinas que integrou na súa vida profesional e persoal— co seu amor polos libros.

Hora

10 outubro, 2025 18:00 - 18:30(GMT+02:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events