Sinatura de libros con Carlos Callón

23dec20:00Sinatura de libros con Carlos CallónACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Libraría Cartabón

Detalles do eventos

A Libraría Cartabón organiza unha sinatura de libros con Carlos Callón, autor de ‘O libro negro da lingua galega’.

Carlos Callón (Ribeira, 1978) é profesor de Xeografía e Historia no Instituto Español de Lisboa e doutor en Estudos Lingüísticos e Literarios do Galego e do Portugués. Presidiu durante doce anos A Mesa pola Normalización Lingüística, a maior asociación cultural de Galiza, e dirixiu numerosas campañas a favor do idioma do país. Foi tamén promotor e portavoz nacional da plataforma Queremos Galego e presidente do Comité de Estado da Axencia Europea de Linguas Minoradas. Na actualidade asume a presidencia de honra da Mesa. Ademais de varios estudos históricos e literarios, publicou o manual ‘Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez’ (Xerais, 2012) e diferentes achegas sociolingüísticas, como ‘Galegocalantes e galegofalantes’ (Xerais, 2017) e ‘Como defenderes os teus dereitos lingüísticos’ (Xerais, 2011). Como poeta escribiu ‘A abertura da boca’ (2021). Pola súa obra recibiu, entre outros, o premio de ensaio Vicente Risco e o Careón á traxectoria literaria.

Venres 23 ás 20:00

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Libraría Cartabón

Calle de Urzáiz, 125, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events