
Detalles do eventos
Pedro Feijoo asina exemplares do seu último libro, Donde nacen las bestias, en El Corte Inglés. SINOPSE Entre o
Detalles do eventos
Pedro Feijoo asina exemplares do seu último libro, Donde nacen las bestias, en El Corte Inglés.
SINOPSE
Entre o lume do val e as néboas da serra, algo revólvese nas entrañas da Galicia máis feroz e descarnada. Unha serie atroz de asesinatos despertará a memoria dun nome perdido no tempo e, como nun segredo que se comparte en voz baixa, un temor comezará a repetirse nos rumores: «Volveu o Sacaúntos…».
É unha novela sobre o lado salvaxe do noso propio ser, onde a montaña marca as personalidades dos seus habitantes e a piedade pode desaparecer en cualquiera momento.
Unha historia cunha atmosfera densa e inquietante, onde as fronteiras entre o cotidiano e o imaxinario crúzanse e mestúranse ata facer imposible distinguir que é real e que lenda.
SOBRE O AUTOR
Pedro Feijoo (Vigo, 1975) licenciado en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela, é escritor e músico. A súa primeira novela, Os fillos do mar, foi un auténtico fenómeno literario en Galicia, finalista ao Premio Xerais de Novela 2011 e gañadora do Premio San Clemente 2014. En Os fillos do lume retoma o seu personaxe principal e supón a consolidación de Feijoo como un dos autores máis lidos de Galicia. Publicou cinco novelas máis, a última de elas, Un lume azul, no ano 2020. Ninguén contará a verdade foi galardoada co Premio Xerais de Novela 2023.
Máis
Hora
17 xuño, 2025 19:00(GMT+02:00)
Localización
El Corte Inglés
Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual