REVISTA NADAL

Sinatura 'A carón do lume' de Mónica Prego

20dec18:30Sinatura 'A carón do lume' de Mónica PregoACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:30(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

Mónica Prego, autora de pandebroa.by.monikaprego, asina o seu libro ‘A carón do lume’ mañá venres 20 de decembro ás 18.30 horas na librería do Corte Inglés.

‘A carón do lume’

Un libro no que a autora rescata receitas tradicionais da cociña galega e rende homenaxe ás avoas que cociñaban a carón dá lareira. O libro é unha viaxe a través do tempo cheo de humildade, co que regresar á propia casa da aldea e saborear de novo os pratos de sempre. Tamén é un agasallo para que as novas xeracións non perdan contacto cun modo de vida.

Recuperación e divulgación de receitas galegas tradicionais, mantendo viva a esencia máis auténtica da nosa terra. Cun enfoque na tradición, a sinxeleza e a calidade, receitas elaboradas sempre con ingredientes locais e de proximidade. Comida real, feita para compartir e gozar, fiel ás nosas raíces galegas.

A carón do lume é a homenaxe da autora “á miña avoa e ás miñas orixes”. O libro recupera os ingredientes e as receitas máis tradicionais de Galicia, permitindo aos lectores/as viaxar a un tempo no que as materias primas, as técnicas e os utensilios empregados eran diferentes. “Tentei transmitir iso que eu coñecía, fusionando a tradición cunha boa presentación”, indica.

Mónica Prego (Ordes, 1975)

Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais e, despois de varios anos traballando en áreas financeiras, a casualidade xunto coa afección á cociña deu un xiro á súa vida laboral.

Desde o ano 2022 dedícase profesionalmente á creación e divulgación de contido dixital culinario.

No ano 2017, lanza o blog Pan de Broa, un espazo centrado nas receitas galegas. Destaca polas súas receitas de pans e masas, cun recente enfoque en opcións sen glute.

Máis

Hora

20 decembro, 2024 18:30(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events