Sin función. Desplazamientos y miradas

18dec20:00Sin función. Desplazamientos y miradasESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

Un corpo no espazo, un corpo calquera, de ninguén, un corpo e un espazo que buscan desjerarquizarse ou quizais desenfocarse, desprazar o lugar da atención, do punto de vista. O teu corpo xunto a outros corpos que se desprazan para poder contemplar co corpo, desde o corpo, e percibir nesa sinestesia non só o visible senón tamén o case visible, o latente, o invisible, o imaxinado. Desprazar o lugar desde o que conformamos a nosa visión, a nosa expectativa e a nosa proxección #ante un ser que acciona. Tocar cos ollos outras posibles percepcións a través dunha invitación para percorrer diversos espazos en compañía de sons, palabras e músicas que sobrevoan os espazos en directo e dun corpo en movemento que ás veces habita a sobreexposición e noutros momentos aníñase na penumbra. Xestos, impresións, rastros e retrincos que no cruzamento coa túa mirada talvez evoquen ou conviden á conformación doutras visións, doutras imaxes, nesa tensión e diálogo entre as nosas presenzas e percepcións.

‘A paisaxe só existe realmente se existe a contemplación, e contemplar é ver a alma (ánima, movemento propio, vida) das cousas. Mesmo se se trata do baleiro’. Rafael Argullol

Unha proposta bailada por Ana Buitrago, con sons e violín de Nicolas Ortiz, acompañados no noso deambular por María Navarro e con imaxes de Mar Giménez.

Venres 17 ás 20:00
Sábado 18 ás 20:00
Domingo 19 ás 20:00

Máis