'Sidi, un viaje cara la vida' Lino Braxe
Detalles do eventos
O próximo 12 ás 20:00 h, na Librería Librouro, preséntase o libro de Lino Braxe, ‘Sidi, un viaje hacia la vida’ a súa obra póstuma. Unha historia emotiva
Detalles do eventos
O próximo 12 ás 20:00 h, na Librería Librouro, preséntase o libro de Lino Braxe, ‘Sidi, un viaje hacia la vida’ a súa obra póstuma. Unha historia emotiva , chea de xenerosidade e esperanza, que Liño, amigo e impulsor de Tierra de hombres en Galicia, escribiu desde o corazón, baseada na historia do pequeno Sidi que foi tratado a través do programa de saúde ‘Viaje hacia la Vida’ que leva a cabo en Galicia desde o ano 2003 a Fundacion Tierra de hombres. Na presentación do libro, en versión galega e castelán, participa a súa irmá María Braxe que ilustra o libro, Mario Garrido en representación de Ediciones Hércules e o noso delegado en Galicia Jose Raul Bicada, autor do prólogo, para compartir con todos esta emotiva historia do pequeno Sidi.
Tierra de hombres
En 1960, o xornalista Edmond Kaiser creou en Lausanne (Suíza) o Movemento Terra de homes, cando na primeira guerra de Alxeria puido coñecer en primeira persoa o sufrimento dos nenos que se hacinaban nos campos de concentración. O obxectivo deste movemento é, mediante a acción, promover o desenvolvemento da infancia máis desfavorecida, defendendo os seus dereitos sen discriminación de orde política, racial ó confesional, seguindo os principios expresados na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas e a Carta Fundacional do Movemento.
Venres 12 ás 20:00 h na libraría Librouro.
Máis
Hora
12 maio, 2023 20:00(GMT+02:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes