REVISTA ABRIL

Sí a todo

01decTodo o día20febSí a todoARTE E MUSEOS | De balde(Todo o día)(GMT+01:00) CC Vialia

Detalles do eventos

O CC Vialia acolle a exposición colectiva de arte dixital ‘Sí a todo’, nas pantallas do centro comercial ata o vindeiro 20 de febreiro de 2023.

‘Sí a todo’ mostra o traballo dos cinco artistas gañadores do certame internacional homónimo: Debbie Dign (SIN), Dorian Rigal Minuit (FR), João Pedro Oliveira (PR), Ivo Loyola (MX) e Manuel Lareo Fernández (ES), que buscaba obras que reflexionasen sobre o propio espazo e formato onde serían expostas: as pantallas publicitarias dos centros comerciais.

As obras seleccionaronse por un xurado de expertos composto pola artista Claudia Maté, a comisaria Doreen A. Ríos e o diseñador especulativo Joel Blanco.

OBRAS

Un surrealista anuncio dunha app de deseño cóase entre os anuncios publicitarios, interrompendo a cuarta parede. Trátase de You press the button…, obra da artista singapurense Debbie Ding, que explora a nosa procura de desexos espaciais fronte a unha paisaxe plana dominada polas granxas de clics e as distraccións móbiles constantes.

Unha serie de obxectos abstractos, brandos e orgánicos ínflanse, estiran e transforman no que parecen edificios. Trátase de The limit is a façade, unha serie de vídeos do artista francés Dorian Rigal Minuit, que dixitaliza unha serie de arquetipos arquitectónicos da rexión de París e preséntaos como artefactos arqueolóxicos que proveñen de universos fantásticos.

Tomando de novo a arquitectura como inspiración, Moving cities, do compositor portugués João Pedro Oliveira, presenta unha vista sintética dunha cidade cunha rápida transformación no tempo. As cidades son como as veas. Rúas, estradas, edificios que se moven e transforman co tempo.

O artista mexicano Ivo Loyola presenta Objectos perdidos, unha obra xerada en tempo real, inspirada nos mundos virtuais dos videoxogos. Estes mundos teñen unha vida propia, e os obxectos e personaxes que os habitan atópanse destinados a repetir a mesma tarefa sen fin.

Como un glitch encapsulado dentro do bucle de vídeos publicitarios, o español Manuel Lareo Fernández, fainos reflexionar sobre o propio dispositivo coa súa serie pantalla-espacio, distorsionando o espazo físico que ocupan as pantallas.

Máis

Hora

Decembro 1 (Xoves) - Febreiro 20 (Luns)(GMT+01:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events