agosto, 2019

06ago20:00Shrek, o musicalPEQUERRECHOS | De balde20:00 Parque Castrelos

Máis

Detalles do evento

Shrek, o ogro máis carismático e famoso do cine de animación enfróntase xunto ao seu amigo Burro, ao desafío de rescatar á bela princesa Fiona da torre na que está pechada fai anos e vixiada por unha temible e romántica dragona.

Lord Farquaad, rexedor de Duloc –pobo aburrido e perfecto onde ninguén é “distinto”- precisa casarse cunha princesa para convertirse en rei e encárgalle a Shrek a misión de rescatar e levarlle a princesa elexida a cambio de darlle para sempre a posesión da súa lameira para vivir en paz e só de por vida.

Tanto Shrek como todos os entrañables personaxes de contos de fadas son perseguidos e desterrados polo exército de Farquaad, que os chama despectivamente “frikis”, e os desprecia por ser diferentes. Pinocho laméntase xunto cos seus amigos pola mala sorte, ata que ao final, todos descobren que a verdadeira fortaleza está na diferencia e na aceptación da propia identidade.

Cando Shrek descobre esa fortaleza en sí mesmo, comeza a crer que a pesar de ser un ogro, pode lograr cumprir os seus soños, e tal vez –por que non- ser merecedor do amor de Fiona, unha princesa encantadora, soñadora e sorprendente. Un ogro e unha princesa? É tan descabellado pensar nunha historia de amor que rompa con tódolos códigos de perfección dos clásicos contos de fadas?

SHREK O MUSICAL é a primeira adaptación OFICIAL da productora DreamWorks que fai ao Galego. Olalla Bouzas, nos explica neste artigo publicado en A Movida o proceso de adaptar o humor do filme á retranca galega.

Shrek en galego

Hora

(Martes) 20:00

Lugar

Parque Castrelos

Av. de Castrelos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

X