Shego

28xan22:00ShegoCONCERTOS | Desde 13,00€22:00(GMT+01:00) Sala Rouge

Detalles do eventos

Shego é sinónimo de mocidade, frescura, letras afiladísimas e toneladas de talento. Esta banda formada por 4 amigas de Madrid: Maite Gallardo Alba, Raquel Cerro Machuca, Irene Garrido e Aroa Elvira Delgado, destaca por unha música que combina punk, pop e o-fi cos sons máis electrónicos. Comezaron hai dous anos como un grupo de amigas que ensaiaban no salón de casa, pero pronto foron conscientes da enerxía que transmitían os seus temas e lanzáronse á aventura. A complicidade, tanto entre elas como co público, é a clave dun proxecto de cancións rabiosas e frescas, que se converten en proxectís sonoros capaces de derrubar un muro. Nun tempo récord -lanzaron o seu primeiro sinxelo en 2020-, as madrileñas fixéronse cunha posición destacada dentro do panorama musical nacional como unha banda de mozas con actitude, talento, letras afiadas, compromiso e posta en escena impactante que arrasa alá onde vai. Autodenominadas “a parte máis doce do punk”, teñen moi clara a vía pola que queren avanzar, experimentando e levándose os diferentes xéneros musicais ao seu terreo.

Máis

Hora

(Sábado) 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rouge

Rúa de Pontevedra, 4, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events