SEXPIERTOS

25feb20:00SEXPIERTOSESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

SEXPIERTOS, Tanttaka Teatroa

Venres 24 e sábado 25, 20:00h

Teatro contemporáneo. Castelán.

Autoría: Kepa Errasti e Telmo Irureta
Dirección: Mireia Gabilondo
Escenografía: Fernando Bernues
Deseño de iluminación: Xabier Lozano
Vestiario: Ana Turrillas
Intérpretes: Aitziber Garmendia e Telmo Irureta

Din que o corazón de Ana é un cuarto baleiro. Nico quere tatuarse o seu. Están atrapados nun ascensor e pasarán de ser descoñecidos a amigos. Bueno, isto pasou hai tres anos, pero viaxando ao pasado viviremos no presente o que nos veñan contar. O amor, o sexo, a soidade e os prexuízos da xente serán os temas para tratar. O xornalista con parálise cerebral e a vendedora de caramelos que anda sumida en contradicións, explicarán sen complexo ningún as súas vivencias afectivo sexuais para amosar que cada un de nós, coa súa parálise particular, temos diferentes medos, soños e ilusións. Unha historia de dous amigos, unha historia de crecemento persoal tinguida de humor e dor a partes iguais.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events