13mar18:00Sete Bienais de CoiroESPECTÁCULOS | De balde 18:00(GMT+01:00) EMAO
Detalles do eventos
O coiro é un material que non é común que participe en exposicións, e moito menos que se poidan gozar das súas infinitas posibilidades creativas.
Detalles do eventos
O coiro é un material que non é común que participe en exposicións, e moito menos que se poidan gozar das súas infinitas posibilidades creativas.
Desde o ano 2013, o Espazo EMAO converteuse nun lugar de achegamento ao coiro. Moitos artesáns e artistas do oficio pasaron pola sala, transmitindo coas súas pezas sabedoría e coñecemento.
Ás 18:00 h na Hemeroteca, explicaran o motivo que os levou a comezar esta actividade e farán un breve repaso das pasadas edicións, indicando que autores participaron e cales foron as súas propostas.
Ás 19:00 h, no Espazo EMAO, realizarase unha visita guiada para coñecer de cerca a exposición “No(i)roeste. A Reserva Occidental”.
Presenta: Pepe Pereira, mestre de Artesanía en Coiro.
Hora
13 marzo, 2026 18:00(GMT+01:00)
Localización
EMAO
36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra


