>

07set19:00Sesión informativa 'Doa medula, doa vida'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:00(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

A asociación Asotrame ofrecerá o luns 7 de setembro unha sesión informativa sobre o cancro hematolóxico e a importancia da doazón de medula, coa participación da traballadora social Alba García e do voluntario Manu Estévez.

A cooperativa A Morada acolle o próximo luns 7 de setembro ás 19:00 h a charla Doa medula, doa vida, unha actividade organizada por Asotrame e aberta a toda a cidadanía.

A sesión estará guiada pola traballadora social Alba García e contará tamén co testemuño en primeira persoa de Manu Estévez, supervivente dun cancro hematolóxico, voluntario e delegado de Asotrame na provincia de Pontevedra.

Durante a charla explicaranse conceptos básicos arredor do cancro hematolóxico, un grupo no que se inclúen enfermidades como as leucemias, os linfomas, o mieloma múltiple ou as síndromes mielodisplásicas. A asociación incidirá especialmente na relevancia da doazón de medula ósea, un procedemento anónimo e altruísta que pode resultar fundamental cando outros tratamentos non funcionan.

Hora

7 setembro, 2026 19:00(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events