17out18:00SESIÓN DE CONTOS E MÚSICAPEQUECHOS | De balde18:00(GMT+02:00) Libros para soñar
Detalles do eventos
A libraría Libros para soñar de Vigo acolle mañá venres, 17 de outubro, unha sesión de contos e música para público infantil e familiar con Paco
Detalles do eventos
A libraría Libros para soñar de Vigo acolle mañá venres, 17 de outubro, unha sesión de contos e música para público infantil e familiar con Paco Nogueiras, a partir das 18:00 horas. O repertorio vai xirar arredor de «Polo mar salgado», un poema de Nieves García ilustrado por Marina Gibert que propón unha viaxe pola superficie e o fondo dos mares. O encontro, que se enmarca nunha campaña da Federación de Librarías de Galicia, completarase con outras historias cheas de ritmo e diversión.
As nenas e os nenos máis cativos gozarán con «Violín» e os demais instrumentos reunidos neste
volume da colección Do berce á lúa, de Antonio Rubio e Óscar Villán, xunto con «Un dous tres, que
ves?» de Nadia Budde, que soará coa característica cadencia do rap.
Tampouco faltarán «Bim Bam Bum», obra coa que Maria Girón gañou o XVII Premio Internacional
Compostela de Álbum Ilustrado. Ademais, narrará outros contos de animais como «Cinco ratiños», da
mesma autora, e «Tarde de sapo» de Maite Mutuberria: dous relatos con moito humor nos que o
apetito xoga un papel destacado.
Tampouco faltará algunha das melodías de «Son animal», o novo libro-disco de Paco Nogueiras -con
ilustracións de Marc Taeger- que o autor lle dedica ás criaturas que habitan no medio rural, tanto no
ámbito doméstico como nos espazos silvestres.
Hora
17 outubro, 2025 18:00(GMT+02:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro



