Detalles do eventos
Aproveitando que ó longo do ano 2025 filmáronse dous documentais, que teñen como elemento en común a Regueifa, a forza tiñamos que amosalos nesta programación.O primeiro que
Detalles do eventos
Aproveitando que ó longo do ano 2025 filmáronse dous documentais, que teñen como elemento en común a Regueifa, a forza tiñamos que amosalos nesta programación.
O primeiro que veremos será “Regueifando con pracer” unha cinta de 30 minutos de duración, protagonizada por adolescentes do Club de lectura do Ies Marco de Camballón, de Vila de Cruces, no que se traballa un módulo didáctico sobre a Regueifa, o único de todo o Pais, e no que tamén teñen un papel protagonista as rapazas do Regueifa Tour, que estarán hoxe entre nós e que naceron ó amparo da Escola “Semente” de Compostela. Nese traballo, dirixido por Cora Peña e promovido por “Ao Paso” (Raquel Doallo) e a Señora Placerful, a quen teremos no coloquio posterior. Neste grupo
de adolescentes fala dos seus inicios, ou vivencias e preocupacións arredor do sexo, o pracer e das relacións de amizade ou amorosas.
O segundo que poderemos catar está codirixido polo docente, músico e casique regueifeiro burelán Manolo Maseda, que tamén e o autor do guión, Saul Rivas acompáñao na dirección e na produción está Undodez, Touriñan e Cia, que lograron que quedara finalista como millor documental, dentro dos Premios “Mestre Mateo” 2025.
Aparte do apoio de distintas administracións públicas, tamén suma a colaboración da Asociación ORAL.
Nel amósase, sobre todo, o traballo do colectivo Regueifesta, formado principalmente por Manolo e Sechu Sende, para abrir novos camiños para a Regueifa, traballando coa mocidade e introducindo innovacións educativas e sonoras, co fin de facer máis atractivo o mundo da regueifa e da improvisación en verso para as novas xeracións.
Despois das proxeccións adicaremonos a manter un breve coloquio co público presente, para que este poida trasladarlle ós responsables das producións e a algún dos seus protagonistas as impresións sobre os filmes, a vez que se escoita o parecer deles.
Precisamente, si hai un nexo entre ambos filmes este é o das mozas do Regueifa Tour, que xogan un papel importante na curta “Regueifando con pracer”, xa que son un dos colectivos con protagonismo na historia e tamén están presentes, aínda que cun rol máis secundario, no outro documental “Ao son da regueifa”. Amais de ter voz no coloquio, tamén nos ofrecerán un recital curto, no que estás mozas radicadas en Compostela, de entre 12 e 16 anos, que xa naceron improvisando, nos ofrecerán a súa mestría regueifeira, ao abeiro de distintos ritmos ou bases musicais, dentro dese Tour sen fin polo País (e fora del) no que andan embarcadas.
E con isto despedimos o Certame de Regueifas por este ano.
Hora
22 febreiro, 2026 18:00(GMT+01:00)
Localización
Auditorio CVC Valladares
Camiño do Pedregal, 6, 36315 Valadares - Vigo, PO
Hoxe móvese
marzo

