REVISTA ABRIL

Sés presenta 'Diante un eco'

28xan20:30Sés presenta 'Diante un eco'CONCERTOS | Desde 21,00€20:30(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Diante un eco é o oitavo traballo discográfico da cantautora galega Sés. Un título que fai referencia á concepción cíclica da historia, tristemente avalada pola deriva sociopolítica dos nosos días.

Diante un eco‘ é tamén para Sés unha volta aos inicios pero desde o oficio e a madurez, e sobre todo desde unha visión alternativa da sofisticación, horizontal e intercultural. Unha sólida reafirmación na estética popular da que a cantora se considera amante e deudora, sen complexos e sen renunciar á calidade poética que a caracteriza.

Sés, acompañada de toda a súa banda, voltará pisar as táboas dos principais escenarios de Galiza, do estado español e de Latinoamérica para presentar ao vivo este novo disco.



Sábado 28 ás 20:30

Entradas á venda en www.ataquilla.com

Nas seguintes ligazóns podedes ler as entrevistas que lle fixemos en 2019 e 2018 a artista da Coruña:
1.04.2019: Sés: “A moda de non mesturar música e política non vai conmigo”
7.03.2018: Sés: “Unha muller que fala claro é unha muller arrogante”

Máis

Hora

(Sábado) 20:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events