REVISTA ABRIL

Serrat en Castrelos

10xul22:30Serrat en CastrelosCONCERTOS | 10,00€22:30(GMT+02:00) Parque Castrelos

Detalles do eventos

O famoso cantautor Joan Manuel Serrat é ata o momento a última confirmación para os concertos de Castrelos deste verán. O catalán anunciou hai pouco que se retiraba dos escenarios coa xira El vicio de cantar 1965-2022, polo que esta será a última ocasión para ver ao autor de Mediterráneo sobre as táboas viguesas. Será o 10 de xullo.

En 2018 unha larinxite evitou no último momento que Serrat actuase en Castrelos, onde xa actuara noutras ocasións. De cumprirse as predicción do alcalde, aínda quedan dúas confirmacións máis para chegar aos 12 concertos en Castrelos este verán.

Calendario de concertos en Castrelos:
JOAN MANUEL SERRAT – DOMINGO 10 XULLO
SEBASTIAN YATRA – MÉRCORES 13 DE XULLO
CORAL CASABLANCA – VENRES 15 DE XULLO
LOVE OF LESBIAN – VENRES 29 XULLO

TANXUGUEIRAS – SÁBADO 30 XULLO
LEIVA – XOVES 4 AGOSTO
STING – SÁBADO 6 AGOSTO
LOLA ÍNDIGO – LUNS 8 AGOSTO
HIJOS DE LA RUINA – XOVES 11 AGOSTO
HOMBRES G – DOMINGO 14 AGOSTO
RAPHAEL – MARTES 16 AGOSTO
DANI MARTÍN – MÉRCORES 17 AGOSTO

Neste artigo podedes escoitar un tema de cada un dos artistas que soarán en Castrelos.

Máis