
20abr20:00Sergio GómezCONCERTOS | De balde20:00 Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
EXPLURART Recital de pianoSergio Gómez (piano) Explurart comeza esta edición cun concerto dun destacado alumno titulado no Conservatorio Superior de Música
Sergio Gómez
EXPLURART
Recital de piano
Sergio Gómez (piano)
Explurart comeza esta edición cun concerto dun destacado alumno titulado no Conservatorio Superior de Música de Vigo, o pianista Sergio Gómez.
Nacido en 1998, comeza os seus estudos no Conservatorio Profesional de Música de Vigo coa profesora Berta Fresco, obtendo o Premio Extraordinario de Fin de Grao. Realiza os seus estudos superiores co pianista Severino Ortiz no Conservatorio Superior de Vigo e na Escola Superior Musical de Alto Rendemento con Leonel Morales. Estuda o Máster na Universidade Alfonso X e recentemente finaliza o diploma de Virtuoso na escola Musical Arts Madrid.
Obtivo diversos premios en concursos internacionais, destacando o 2º Premio do Concurso Internacional de Piano “María Herrero” de Granada, 3º Premio no Piano Loop Competition en Croacia, 3º Premio no X Concurso Internacional de Piano de Sigüenza, 1º Premio no V Concurso de Solistas do Conservatorio Superior de Vigo e 3º Premio no XIX Concurso “Ciudad de Xàtiva”.
Tocou en salas de concertos internacionais, tales como o Teatro Ristori de Verona, Kleines Studio de Salzburgo e Hrvatski Dom Split en Croacia e en salas nacionais como o Ateneo de Madrid, o Auditorio Medina Elvira en Atarfe, o Palacio Real de La Granja de San Ildefonso e o Paraninfo da Universidade de Santiago de Compostela.
O xoves, 20 de abril, 20:00 h. no Auditorio Martín Códax do CSMV.
Máis

(Xoves) 20:00
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra