>

05abr20:00Serán solidario con PalestinaFESTIVAIS E FEIRAS | Entrada solidaria20:00(GMT+02:00) Redondela

Detalles do eventos

Unha exposición solidaria reúne en Redondela obras de 60 artistas que se venderán co obxecto de recadar fondos que se destinarán a paliar as necesidades dos palestinos a través da axencia das Nacións Unidas, UNRWA. O Colectivo Pro-Palestino de Redondela, promotor desta iniciativa, organiza tamén un Serán Solidario o venres ás 20:00 horas con artistas como o pianista Alberto Vilas, Marlom, Antón Ke ou Zeltia Irevire, entre outros. As invitacións pódense retirar no Multiúsos onde xa se poden ver as obras doadas por artistas de toda a provincia.

Paralelamente ao serán, haberá unha exposición de obras de arte doadas por máis de 60 creadores da contorna, moitos deles de recoñecido talento nos campos da pintura, a fotografía, a cerámica ou a escritura, entre outras disciplinas como Angel Barros, Chelo Rielo, Chus Guedella, Pilar Fernández ou os fotógrafos Ricardo Grobas, Felix e Mundo Cal ou Pelu Vidal. O público poderá mercar estas pezas que xa están expostas no Multiusos de Redondela desde hoxe mércores día 3 ata o domingo día 7, data na que poderán recoller as obras adquiridas de todos eses artistas que están a colaborar de xeito altruísta.

PROGRAMA:

Hora

5 abril, 2024 20:00(GMT+02:00)

Localización

Redondela

Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra

Other Events