BARAFUNDA >

Este é un evento repetitivo

16mai20:00'Señores'ESPECTÁCULOS |Desde 12,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

Cecilia, Celia e Lía son irmás e non poden ser máis distintas. As súas vidas, traballos e relacións están moi afastados entre si. Aparentemente non teñen nada que ver, se non fose porque son trixemelgas trivitelinas concibidas nunha noite de liberación sexual a finais dos anos setenta. Un día reciben a chamada de Carmen, a súa nai para acudir á casa familiar de Cabo Home durante a noite de san Xoan.

Señores é a historia dun reencontro entre catro mulleres e fala das cousas que viviron, as que esperan vivir, os medos, rancores e alegrías. Fala tamén de homes, señores que din, que opinan, que cuestionan, que critican, que se alían ou que acosan. Señores é unha comedia que fala de irmás, de nais e fillas e de noites máxicas. Unha comedia feminista onde hai mulleres que fan de homes que din o que deben facer as mulleres.

Entradas

Hora

16 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events