Señoras y Bedeles

22xul21:30Señoras y BedelesCONCERTOS | Desde 10,00€21:30

Detalles do eventos

Que é o que ocorre cando xuntas aceite, vinagre e sal?

Que é o que ocorre cando mesturas vermello, azul e verde?

Que é o que ocorre cando conflúen Borja Téllez, Diego Luís “Pit” e David García “Libi”? Pois exactamente iso; de tres unidades sae algo delicioso. Coma se dunha amálgama tratásese, moito máis grande no seu conxunto que a simple suma dos tres.

Delicadamente ásperos, agresivamente dóciles, suavemente rugosos… iso é Señoras y Bedeles. Tres novos veteranos que soan coma se fosen cinco e que militan ou militaron en moitos proxectos como Los Bengala, Tachenko, My Expansive Awareness, La Costa Brava, El Brindador, Volcanes, Picore, The Faith Keepers e un longo etcétera. Art-punk gústalles chamalo, pero o que de verdade lles gusta é tocalo

Entradas

Máis