
21abr20:00Sendeiros paralelosCONCERTOS | De balde20:00 Auditorio Martín Códax
Detalles do eventos
Sendeiros paralelosAlumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Diego Ventoso (director artístico). Sendeiros paralelos é un
Sendeiros paralelos
Sendeiros paralelos
Alumnado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo. Diego Ventoso (director artístico).
Sendeiros paralelos é un proxecto pedagóxico colaborativo desenvolvido por alumnado e profesorado do Conservatorio Profesional de Música de Vigo e do Conservatorio Superior de Música de Vigo.
Tomando como punto de partida a evolución histórica da música instrumental en Occidente, este espectáculo desenvólvese a través de dúas liñas temáticas paralelas: por un lado, a da conformación dunha música para instrumentos en sentido lato e, por outro, a da eclosión da música para percusión no século XX. Ambos sendeiros delinéanse neste espectáculo cunha selección de pezas que os exemplifican. Así, no primeiro caso, preséntase unha adaptación de música vocal e unha pequena suite de danzas —prácticas ambas habituais xa na Idade Media— de compositores renacentistas como Palestrina e Susato, respectivamente, ademáis de dúas pezas de carácter abstracto como as de Willaert e Gabrieli, sendo a deste último unha das primeiras na historia da música en determinar unha instrumentación concreta. En segundo lugar e intercaladas coas anteriores, as obras para percusión amosan a riqueza tímbrica, rítmica e estética das linguaxes específicas que algúns dos compositores máis destacados do século pasado e da actualidade crearon ex profeso para esta familia instrumental.
O venres, 21 de abril, 20:00 h. no Auditorio Martín Códax do CSMV.
Máis

(Venres) 20:00
Auditorio Martín Códax
Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra