bannerTerraCeo
bannerArmadinhaRock

Este é un evento repetitivo

15xan18:00SementePEQUERRECHOS | Desde 10,00€18:00 Sala Ártika

Semente

Esta fin de semana, estará na Sala Ártika en Vigo “Semente. O home que plantaba árbores” Unha adaptación do libro de Jean Giono realizada por Eme2 producións.

Inspirado en acontecementos reais, Semente. O home que plantaba árbores é unha historia inesquecible sobre o poder que o ser humano ten de influenciar o mundo ao seu redor. Narra a vida dun home e o seu esforzo solitario, constante e paciente, para facer do lugar onde vive un lugar especial.

É unha historia admirable que nos mostra como un home humilde e insignificante aos ollos da sociedade, vivindo lonxe do mundo e usando unicamente os seus propios medios, consegue reforestar el só unha das rexións máis inhóspitas e áridas de Francia.

Data e hora:
Sábado 15 de xaneiro de 2022 ás 18:00h
Domingo 16 de xaneiro de 2022 ás 12:00h e ás 18:00h.

Prezo:
En taquilla: Entrada Xeral: 10€
Venta online: Entrada Anticipada: 8€ + gastos de xestión

Máis

Hora

(Sábado) 18:00

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

X