Semana do cine submarino
Detalles do eventos
A pandemia impediu que puidese levarse a cabo no 2020, pero, afortunadamente, a mellora da situación sanitaria permite xa que este outono regrese a Vigo o Festival Internacional
Detalles do eventos
A pandemia impediu que puidese levarse a cabo no 2020, pero, afortunadamente, a mellora da situación sanitaria permite xa que este outono regrese a Vigo o Festival Internacional de Cine Submarino, unha cita que este ano alcanza a súa trixésima edición, converténdose así nunha das actividades máis emblemáticas da programación cultural da Universidade de Vigo.
Organizado pola Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria coa colaboración de Afundación, o ciclo celebrarase do 17 ao 19 de novembro no Teatro Afundación de Vigo, con sesións a partir das 20.00 horas e entrada libre ata completar a capacidade da sala. Como xa é habitual proxectaranse algunhas das mellores producións mundiais de cine submarino, centrándose, nesta ocasión, na divulgación científica arredor do mar e os obxectivos da Axenda 2030. Ao igual que nas edicións anteriores despois de cada proxección celebrarase un debate no que participarán destacados investigadores e investigadoras, documentalistas e especialistas en divulgación mariña.
A programación completa da XXX Semana Internacional de Cine Submarino é a seguinte:
MÉRCORES 17 Nov 20:00h – PRISTINE SEAS: PROTEGIENDO LOS MARES
MÉRCORES 17 Nov 20:45 h – SECRETOS DEL OCÉANO
XOVES 18 Nov 20:00h – PECES INCREÍBLES
XOVES 18 Nov 20:35h – MAR DA MINHA TERRA
VENRES 19 Nov 20:00h – CANTÁBRICO SALVAJE
VENRES 19 Nov 20:25h – OCÉANOS PROFUNDOS
Máis
Hora
17 novembro, 2021 20:00(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes