Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza unha nova edición da Semana da Música Tradicional, cun programa que combina divulgación, creación contemporánea e interpretación musical.
Detalles do eventos
O Conservatorio Superior de Música de Vigo organiza unha nova edición da Semana da Música Tradicional, cun programa que combina divulgación, creación contemporánea e interpretación musical.
As actividades desenvolveranse entre o 27 e o 29 de abril en diferentes espazos do centro e noutras localizacións, co obxectivo de poñer en valor o patrimonio musical galego e o traballo do alumnado e profesorado da especialidade de Instrumentos da Música Tradicional e Popular (IMTP).
Luns 27 de abril: na Aula Polivalente celébranse dúas presentacións literarias ás 10:00 h (‘De novo gaiteiro’, de Xaime Estévez) e ás 11:00 h (‘Extradición’, de Erick Feles). Ás 12:00 h, concerto do alumnado e profesorado do IMTP no Auditorio Martín Códax.
Martes 28 de abril: ás 20:00 h, dentro do ciclo EXPLURART, actuación do clavecinista Diego Ruenes Rubiales, que interpretará ‘Troisième Livre de pièces de clavecin’ de François Couperin.
Mércores 29 de abril: ás 20:00 h, concerto do IMTP no CMUS de Ourense, pechando a Semana da Música Tradicional.
Con esta programación, o Conservatorio Superior de Música de Vigo reafirma o seu compromiso coa difusión, investigación e renovación da música tradicional galega, fomentando o diálogo entre tradición e creación contemporánea e achegando esta riqueza cultural á sociedade.
Hora
28 abril, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Conservatorio Superior (O Castro)
Calle de Manuel Olivie, 23, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio

