Detalles do eventos
Unha obra metanarrativa do italiano Luigi Pirandello, quen en 1921 xa innovaba no teatro dunha maneira sorprendente ata a día de hoxe. A obra chega
Detalles do eventos
Unha obra metanarrativa do italiano Luigi Pirandello, quen en 1921 xa innovaba no teatro dunha maneira sorprendente ata a día de hoxe. A obra chega a Vigo este xoves cunha única función no Teatro Afundación.
SINOPSE
Estamos ao comezo dun ensaio; o elenco xa está chegando e, pouco despois, o director. A actriz, que sempre chega tarde, por suposto, chega tarde. A obra que están a piques de ensaiar é, curiosamente, de Luigi Pirandello: O xogo de rol, unha comedia sobre un triángulo amoroso.
Os actores e a actriz soportan estoicamente o mal humor do director; este, pola súa banda, non soporta a ninguén, nin sequera a Pirandello, e é puntilloso con todo e con todos. Ata que o ensaio é interrompido por unha familia de seis persoas que declaran ter nacido personaxes e expoñen unha esixencia imposible: que alguén represente o seu drama. Deste xeito, a comedia mestúrase coa traxedia, a fantasía coa realidade e os personaxes cos actores e as actrices.
Hora
30 outubro, 2025 20:30(GMT+01:00)
Localización
Auditorio Teatro Afundación
Marqués de Valladares s/n
Hoxe móvese
novembro


