Detalles do eventos
Entre o 3 de outubro e o 11 de xaneiro, o MARCO acolle Se lembrar fose esquecer, unha exposición de Irene González. No traballo de Irene González (Málaga,
Detalles do eventos
Entre o 3 de outubro e o 11 de xaneiro, o MARCO acolle Se lembrar fose esquecer, unha exposición de Irene González. No traballo de Irene González (Málaga, 1988), a tensión entre memoria e perda convértese en núcleo xerador. O papel, sempre protagonista, asume na súa obra un cariz escultórico: dóbrase, córtase, superponse, convértese en filtro ou membrana; prégase, en definitiva, entregado ás mans expertas.
Esta mostra é, en esencia, un convite a nos deter, a mirar con calma e a deixarnos habitar pola memoria, a ausencia, e tamén o anhelo. A obra de Irene González recórdanos que a arte non sempre é altofalante: en ocasións fala con
murmurios, silencios, anacos que se completan coa nosa propia experiencia.
Cada trazo seu é resistencia fronte á présa, unha maneira de coidar o delicado, de rescatar o que semellaba esvaecido. Os seus debuxos son como fotogramas dunha película íntima, onde o tempo se expande e nos ofrece outra forma de lembrar: lembrar para esquecer, esquecer para seguir lembrando.
HORARIO DE VISITA
- De martes a sábado: 11:00 – 14:30 h e 17:00 – 21:00 h
- Domingos: 11:00 – 14:30 h
A maiores, Se lembrar fose esquecer conta cunha actividade complementaria: o ciclo de cinema Unha conexión estética, formado por cinco proxeccións acompañadas de charlas-coloquio de relatores convidados. Trátase dunha oportunidade para afondar na obra de Irene González a través da imaxe, os sons e o tempo desta selección de referencias cinematográficas.
PROGRAMA COMPLETO | UNHA CONEXIÓN ESTÉTICA
- 11 de novembro ás 18:00 h: El espejo (Andréi Tarkovski, 1975)
- 18 de novembro ás 18:00 h: Frágil como el mundo (Rita Azevedo Gomes, 2001)
- 25 de novembro ás 18:00 h: El otoño de la familia Kohayagawa (Yasujirō Ozu, 1961)
- 2 de decembro ás 18:00 h: Curtametraxes (Maya Deren, 1943-46)
- 9 de decembro ás 18:00 h: Muchacha junto a una ventana leyendo una carta (Jean-Claude Rousseau, 1983)
Hora
3 outubro, 2025 11:00 - 11 xaneiro, 2026 14:30(GMT+02:00)
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


