
21xuñ21:00SAUROM EN ACÚSTICOCONCERTOS | Desde 25,00 €21:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
No marco da súa xira El principito, a banda andaluza de folk rock, Saurom, da un concerto en acústico na Sala Rebullón. Xunto coa de
Detalles do eventos
No marco da súa xira El principito, a banda andaluza de folk rock, Saurom, da un concerto en acústico na Sala Rebullón. Xunto coa de sevilla, serán as únicas actuacións empregando o formato acústico en España.
Saurom é un grupo español de rock que adereza o seu estilo con influencias folk, celtas, música tradicional e metal. As súas letras están baseadas en multitude de influencias, en particular a literatura, principalmente lendas, poemas, romances e contos medievais. A banda, a través da metáfora, preocúpase de que as súas mensaxes teñan un fondo crítico, cultural e social. Algunhas das súas letras, sobre todo as que concirnen aos seus discos conceptuais, teñen unha temática máis explícita, relacionada coa novela O Señor dos Aneis, de J. R. R. Tolkien, coa literatura clásica e tradicional andaluza, así como coa Biblia, entre outros textos relixiosos.
O espectáculo El principito presentouse en marzo en Madrid, no Movistar Arena, e congregou a máis de 7.000 persoas, mostra da solidez da súa traxectoria e da frescura da súa proposta. A xira comezou o mes pasado e vai levar a Saurom por máis de vintecinco cidades, principalmente españolas, mais tamén cruzarán o charco para actuar en Quito ou Bogotá, por exemplo.
Máis
Hora
21 xuño, 2025 21:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual