
Detalles do eventos
O martes 24 de outubro estará con nós a psicóloga e psicoterapeuta Carmen Lorenzo para falar sobre Saúde mental e social. O acto terá lugar
Detalles do eventos
O martes 24 de outubro estará con nós a psicóloga e psicoterapeuta Carmen Lorenzo para falar sobre Saúde mental e social. O acto terá lugar na biblioteca da EMAO e comezará ás 19.30 horas.
Mª Carmen Lorenzo Vila é Licenciada en psicoloxía pola Universidade de Santiago, Diplomada en Maxisterio, en Pedagoxía sistemática e Logopedia. Ten formación en numerosos campos da psicoloxía (psicanálise, Análise Transaccional e PNL, Terapia familiar sistémica, Psicopatoloxía e Saúde, Constelacións Familiares (Instituto Gestalt de Barcelona), Neuropsicoloxía, Programa SAT de Claudio Naranjo, EMDR nivel II e formación avanzada…) e educación (Mediación, Intelixencia Emocional, Orientación…).
Ten participado como relatora en actividades de dinámicas grupais, relacións humanas, escolas de pais, habilidades sociais, resolución de conflictos, atención ás diversidade, intelixencia emocional, prevención do maltrato infantil, etc.
É autora do libro La atención a la diversidad (Formación continua Logoss, 2008.
Na actualidade é psicóloga orientadora nun centro educativo e traballa como psicóloga nos campos da atención psicolóxica e terapéutica.
Máis
Hora
24 outubro, 2023 19:30(GMT+02:00)
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual