REVISTA FEBREIRO

SARCOMA + PLASTIKAFFEN + NARCOLEPTICA + BERLANGÂLAN + RAYOTASER

07feb22:00SARCOMA + PLASTIKAFFEN + NARCOLEPTICA + BERLANGÂLAN + RAYOTASERCONCERTOS | Desde 12,00 €22:00(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

NEGRO SATURNO presenta:

SARCOMA (harsh noise techno)
PLASTIKAFFEN (ebm / new acid beat / italo)
NARCOLEPTICA (introspective experimental music)
BERLANGÂLAN (experimental dark ambient)
post party
RAYOTASER II dj set
KEVIN LIZARD dj set

DATA: venres 7 de febreiro
LUGAR: La Fábrica de Chocolate Club, Vigo
APERTURA DE PUERTAS: 22:00 h
ENTRADAS: 12 anticipada woutick / 15 despacho de billetes

Xemendo harsh noise e techno, SARCOMA é a dor de Pharmakon e as estridencias de Merzbow na rave máis deprimente da serra de Madrid. Vén de compartir escenario con Lydia Lunch e será a súa segunda vez en Vigo.

Acompañando a SARCOMA teremos a primeira vez en Galicia de dous proxectos moi interesantes da capital: NARCOLEPTICA e BERLANGALAN.

NARCOLEPTICA (Beatriz Vaca) vén desenvolvendo desde 2006 unha traxectoria moi persoal ao redor da música electrónica experimental, con contrafortes cara á psicodelia, o ambient, o noise, o dreampop, o avant-garde e certos elementos do post-rock.
Presentará en Vigo o seu último álbum Paradox.

BERLANGÃLAN é o proxecto en solitario de Raúl Galán Berlanga, produtor que desenvolve este labor xunto con tocar sintetizadores no grupo The Stirrings.
Apaixonado dos sintetizadores e da creación de son e ambientes; nesta faceta canaliza o seu interese polas paisaxes sonoras, a tensión, a repetición e o ruído para crear imaxes e a banda sonora dunha película aínda non vista.

A guinda da noite vaina poñer o dj e produtor galego PLASTIKAFFEN, que nos presentará en primicia o seu primeiro EP.
Sempre centrando o foco na música de baile, xéneros como o EBM, dark disco, synthwave, italo, new acid beat e techno acedo danse a man nunha posta en escena híbrida baseada en suor e caixas de ritmo a 4×4.

Postparty: RAYOTASER II dj set + KEVIN LIZARD dj set

ATENCIÓN: A entrada inclúe acceso exclusivo ao novo EP de PLASTIKAFFEN

Entradas

Máis