Sarao Poético – A Movida

outubro, 2018

18out21:00Sarao PoéticoRECITAL POESÍA | 3,00 €21:00 De catro a catro

Máis

Detalles do evento

O xoves 18 ás 21:00 horas, no Café Catro a Catro, Sarao Poético

O artista de spoken word e representante arxentino no Poetry Slam Mundial, Ignacio Perini, presenta o seu espectáculo “Loser” o xoves 18 de outubro ás 21:00 no Café de Catro a Catro. Abrindo a noite estará Vanessa Glemsel, integrante de “Duas gamberras e un micro”.

“Loser” é un espectáculo de stand-up poetry no que Perini conta as súas desventuras amorosas dos últimos 5 anos, invitando ao público a reflexionar arredor das relacións nos tempos das redes sociais e o “amor libre” nun contrapunto de poemas humorísticos e depresivos.

Esta presentación forma parte da xira española que verá ao arxentino recitar en Madrid, Córdoba, Sevilla, Cádiz, Granada, Málaga, Tenerife, Gran Canaria, Barcelona, Valencia, Mallorca, Vigo, Coruña, Oviedo e Gijón.

Despois do espectáculo, terá lugar un micro aberto para todos aqueles artistas que queiran compartir.

Entrada 3€

Hora

(Xoves) 21:00

Lugar

De catro a catro

36211, Rúa de Gerona, 16, 36211 Vigo, Pontevedra

X