>

18xul20:00Santiago MeijideCONCERTOS | 10,00 €20:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

Un dos plans máis apetecibles do verán son os concertos na Fundación Sales, esa pequena xoia aínda descoñecida para moitos vigueses. Coa chegada do verán volve a actividade musical á Fundación Sales. O xardín botánico situado na avenida de Europa acollerá en xullo catro concertos de estilos variados. Con este tipo de eventos, a Fundación busca atraer a novo público e divulgar a súa ampla variedade de flora.

Santiago Meijide Fernández nace en Vigo en 1988 e comeza os seus estudos musicais á idade de sete anos. Cursa os seus primeiros estudos profesionais no Conservatorio Profesional de música de Vigo co profesor R. Santos. Ao finalizar este período trasládase a Barcelona, onde estuda o grao superior na Escola Superior de Música de Cataluña (ESMUC) cos profesores L. Sintsev e R. Salinas. Posteriormente realiza estudos de perfeccionamento na Academia Gnessin de Moscova, con S. Senkov. Máis adiante cursa o Máster de Interpretación Solista no Centro Superior Katarina Gurska (CSKG) en Madrid co profesor Alexander Kandelaki, finalizando coas máximas cualificacións. Recibiu clases maxistrais de O. Semouchina, N. Keredzelidze, M. Semionov, T. Tarnavskaya, Cuarteto Casals, Kennedy Moretti, Charles Tunnel,… Como solista realizou concertos en Vigo, Ponteareas, Salceda, A Coruña, Porto, Tarragona, San Cugat, Barcelona, Madrid, San Petesburgo e Moscova. Actualmente continúa o seu labor como solista e exerce como docente no Conservatorio Profesional de Música Mayeusis, ademais de pianista acompañante.

– 12 xullo a 13:00 h: Galkan (7 €)
– 17 xullo as 20:00 h: Francisco Castro (10 €)
– 18 xullo as 20:00 h: Santiago Meijide (10 €)
– 19 xullo as 20:00 h: Hot Air Balloon (10 €)

Reservas: info@salesxardin.com

Hora

18 xullo, 2025 20:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events