GFFF

Sanny

24nov22:00SannyCONCERTOS | -22:00

Detalles do eventos

Sanny é o proxecto liderado por Sandra Gómez, cantautora viguesa que comeza a súa traxectoria en solitario no ano 2012. Desde entón, acompañada como é costume da súa guitarra e harmónica, percorre escenarios de distintos puntos dentro e fóra de Galicia. As súas influencias veñen principalmente do folk-rock norteamericano e de compositoras indie contemporáneas como Phoebe Bridgers ou Sharon Van Etten. No verán de 2019 grava o seu EP debut nos Estudos Mans (A Coruña). O resultado será “ Loners Downtown”, que sae á luz en novembro dese mesmo ano e no que a formación se amplía coa incorporación de Anxo Paz á percusión. O traballo está formado por cinco cancións nas que se explora o tema da soidade e nos que se evidencia claramente a influencia do son ‘Americana’ así como de artistas máis próximos ao indie como Elliot Smith ou Bright Eyes.

Máis

Hora

(Mércores) 22:00

Localización

Máis Palá

Rúa de Manuel Núñez, 18, 36203 Vigo, Pontevedra