>
05xuñ21:30Sanny & Miguel MoldesCONCERTOS | Desde 8,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera
Detalles do eventos
Os músicos galegos Sanny e Miguel Moldes presentan un concerto en formato acústico no que revisitan as súas propias cancións cun son íntimo e cheo de matices. A
Detalles do eventos
Os músicos galegos Sanny e Miguel Moldes presentan un concerto en formato acústico no que revisitan as súas propias cancións cun son íntimo e cheo de matices. A proposta mestura influencias do folk, a música americana e o blues, creando unha atmosfera próxima e coidada.
Miguel Moldes vén de publicar o seu primeiro EP, Fairground Ballads, tras unha longa traxectoria como guitarrista en formacións como Los Wavy Gravies, Deadwood ou Vatapá. Pola súa banda, Sanny conta con dous traballos autoeditados, Loners Downtown e Bedroom Folk, ademais de varios sinxelos cos que foi construíndo o seu percorrido na escena independente.
Unha oportunidade para descubrir dúas voces da música galega actual nun directo de proximidade e cancións en primeiro plano.
Hora
5 xuño, 2026 21:30(GMT+02:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



