REVISTA ABRIL

05abr21:30SANNYCONCERTOS | 10,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

Sanny é unha artista viguesa cun pé nos primeiros anos de Bob Dylan e no Nebraska de Bruce Springsteen, e co outro en artistas indie contemporáneas como Phoebe Bridgers e Sharon Van Etten.  Os seus directos íntimos e cunha gran carga emocional téñena levado a tocar tanto en distintas salas e festivais nacionais como en Portugal e Italia, así como a compartir escenario e colaborar con artistas internacionais como Molly Parden ou Noel McKay.

Nos seus comezos, desenvolve o seu particular estilo compositivo e interpretativo en pequenas salas de Santiago e Vigo principalmente. A comezos do 2019, realiza unha estadía de 3 meses en Preston (Reino Unido) e percorre cada semana os micros abertos dos pubs locais mentres investiga sobre música e sociedade nos EE.UU. Ademais, este tempo sérvelle para rematar de perfilar os temas que forman parte do seu primeiro EP Loners Downtown (2019). O traballo componse de cinco cancións nas que se explora o tema da soidade e nos que se evidencia claramente a influencia do sonido ‘Americana’. Con este traballo, Sanny participa en escenarios diversos como o Smalltown ou o Sofar Sounds Porto e chega a telonear a Sidonie e Iván Ferreiro nos seus concertos no TerraCeo e no EspazoFest, respectivamente.

En 2022 comeza unha nova etapa musical coa presentación de dous novos singles 25 e Bird in a Cage cos que a artista se distancia do folk máis tradicional e principalmente acústico das cancións do seu primeiro EP para dar paso agora a melodías máis elaboradas e unha produción máis coidada.

En 2023 gaña o premio de CUAC FM á  mellor banda galega, o que lle permite tocar no Festival Noroeste (A Coruña). Este mesmo ano participa tamén no festival Hola Nola (Santiago de Compostela) e continúa levando o seu directo a salas, en solitario e con banda, mentres termina de perfilar o su próximo traballo discográfico.

Máis

Hora

5 abril, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events