Detalles do eventos
Sankalpa Flow regresa a Vigo desde Berlín cunha nova proposta de ecstatic dance, que combinará ritual de cacao, respiración consciente, música en directo e danza
Detalles do eventos
Sankalpa Flow regresa a Vigo desde Berlín cunha nova proposta de ecstatic dance, que combinará ritual de cacao, respiración consciente, música en directo e danza libre. A sesión terá lugar o venres 21 de agosto, a partir das 20:00 horas, na escola de baile IDLS, na estrada de Camposancos, 283.
A actividade desenvolverase nunha terraza rodeada de árbores e natureza e contará con pista de baile, son de alta calidade, música en directo, cacao ceremonial, snacks, té e espazos para descansar e conectar.
Sankalpa Flow define a ecstatic dance como un espazo de movemento libre e consciente, no que cada persoa pode expresarse espontaneamente ao ritmo da música. O evento será libre de fume, alcohol e substancias.
PROGRAMA:
O programa comezará ás 20:00 horas coa apertura de portas, un momento para reunirse, conversar e tomar un snack ou un té. Ás 20:30 horas terá lugar o obradoiro Cuerpo y Presencia, con Pranavi, centrado na conexión co corpo e no presente.
Ás 21:15 horas será a quenda da cerimonia do cacao e do ritual Sankalpa, dedicado á intención, con música en directo. A continuación, de 21:30 a 23:30 horas, Ram Chama conducirá unha sesión de danza extática, baseada no movemento libre e consciente, sen coreografías nin xuízos.
A noite rematará cunha sesión de sanación a través do son, con música en directo, seguida dun encontro comunitario e unha jam na que as persoas participantes poderán cantar, tocar instrumentos ou simplemente compartir o momento.
Entradas
A achega é de 25 euros, mentres que a venda anticipada, o prezo para estudantes e persoas desempregadas é de 20 euros. A reserva pode realizarse a través de PayPal (@ramholistic), Bizum (605 019 532) ou Eventbrite.
Hora
21 agosto, 2026 20:00 - 20:59(GMT+02:00)
Localización
Academia Idls Escuela De Baile
Hoxe móvese
setembro




