
Sandar a fenda patriarcal
08ago17:3019:30Sandar a fenda patriarcalACTIVIDADES PARA O COCO| De balde 17:30 - 19:30
Detalles do eventos
Os días 8 e 15 de setembro o Museo Liste acollerá `Sandar a fenda patriarcal´, obradoiros literarios impartidos por Andreia Costas (escritora e audiovisual) e realizados en colaboración
Detalles do eventos
Os días 8 e 15 de setembro o Museo Liste acollerá `Sandar a fenda patriarcal´, obradoiros literarios impartidos por Andreia Costas (escritora e audiovisual) e realizados en colaboración coa Asociación Mulleres e Palabras que ven traballando co Museo dende hai tempo en diversas propostas e que constitúe, dentro do movemento asociacionista, un activo instrumento de cambio fronte ás violencias machistas promovendo a visibilización do papel social da muller e alentando a súa participación na comunidade.
Obxectivos:
Con esta experiencia formativa trátase de conseguir, a través da escrita creativa, sandar a fenda patriarcal individual como traballo de empoderamento feminista global acadando os seguintes obxectivos:
- Xerar conciencia e coñecemento.
- Sensibilizar e informar sobre a necesidade dun reparto equitativo do traballo no fogar e dos coidados.
- Estudar os aspectos de prevención, protección e reparación en materia de violencia de xénero.
- Visibilizar, sensibilizar e prever sobre outras formas de violencia contra as mulleres.
- Crear un espazo de confianza para as mulleres onde poidamos escoitarnos unhas a outras e comprendamos que non son problemas individuais, son problemas da sociedade patriarcal e esta temos que erradicala.
Metodoloxía:
- Reflectir na escrita a experiencia de feridas, traumas, discriminacións machistas e traballar en pro da igualdade e os dereitos das mulleres.
- Utilizar unha linguaxe inclusiva que modifique a sociedade no seu pensamento machista deconstruíndo a masculinidade hexemónica.
- Realizar exercicos de consciencia plena de movemento e respiración (técnicas de mindfulness, biodinámica, biodanza e meditación) que propician o movemento vital e intelectual movendo os marcos dos estereotipos de xénero.
- Fomentar a conciencia de grupo con xogos literarios, lecturas e discusións.
- Afondar nos textos de figuras literarias tan distales como Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán, que representan dous modelos diferenciados de escritoras dende unha interpretación feminista. Este será o punto de partida para un discurso
de conciliación entre os diferentes bloques e posicións feministas dende a creación e o respecto.
Podes inscribirte a través do enderezo electrónico recepcion@museoliste.org ou whatsapp 655 823 803.
Máis

Hora
(Domingo) 17:30 - 19:30
Localización
Museo Liste
Calle Pastora, 22, 36210 Vigo, Pontevedra