outubro, 2019

22out19:00'Sándalo', de María Xosé PorteiroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 Biblioteca Juan Compañel

Máis

Detalles do evento

A nave de Sándalo percorre douscentos anos de historia entre Europa e América. Fitos heroicos, Ulises galaicos, orixes afrocubanas, secretas sociedades de figuras públicas, independencias políticas e pendencias eróticas, saltan de tempo e lugar nunha viaxe emocionante con corpo de relato estimulante dos sentidos e dos sentimentos, para facernos cómplices da relación antiga e inmorrente de dous universos unidos pola Corrente do Golfo: Galicia e Cuba.

Política, xornalista e escritora, María Xosé Porteiro publica a súa segunda novela, Sándalo, na que, coa emigración de fondo, percorre os dous últimos séculos da historia de Cuba e Galicia. A novela arranca coa morte do comandante Riego, en 1823, e dá paso a un periodo histórico rico e complexo que, entende a autora, resultou unha oportunidade perdida para que España entrara na modernidade.

O evento está organizado polo Centro de documentación e estudos feministas e presentado pola escritora Inma López Silva.

Hora

(Martes) 19:00

Lugar

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

X