23xuñ18:00San Xoán en TameigaAS NOSAS FESTAS| De balde18:00(GMT+02:00) Sala Rebullón
Detalles do eventos
A noite de San Xoan é unha das máis especiais en Galicia e compartila no CSCD As Pedriñas xa é unha verdadera tradición en Tameiga. Este ano, a
Detalles do eventos
A noite de San Xoan é unha das máis especiais en Galicia e compartila no CSCD As Pedriñas xa é unha verdadera tradición en Tameiga. Este ano, a Comunidade de Montes programa unha festa ben completa para gozar en familia, con formación, concertos, chouripán e, por suposto, a habitual fogueira seguida de DJ. E con acceso completamente de balde.
A xornada comeza ás 18 horas cun obradoiro impartido por Nazaret, de @herbasmeigas, que ademais forma parte da iniciativa Tameiga en flor. Da man de Nazaret, as persoas participantes na formación poderán aprender dos rituais de San Xoan e das plantas tradicionais da data, desde o recoñecemento ás súas propiedades, a historia e a elaboración da Sanxoaneira. É de balde, pero para participar é preciso reservar praza no 616 523 807.
A partir das 21 horas comeza de verdade a festa e nada mellor para facelo que coller forzas para o que vén. Á espera das fogueiras, é o momento dos chouripáns e as bebidas que se dispensarán no recinto do CSCD As Pedriñas.
Ás 21:15 horas comezará a música en directo. E será cun formación xa habitual das Pedriñas, As Zaragateiras, unha banda de música tradicional perfecta para festas como a de San Xoan, cun repertorio popular de folclore, pandeiretas, voces e percusión.
Ao remate, ás 22:00 horas, será a quenda de Argonat Band, grupo de pop e rock ‘n’ roll composto maioritariamente por acordeóns, un total de oito, acompañados por violín, gaita, baixo eléctrico e batería. Fan versións dos clásicos, temas modernos con instrumentos clásicos, unha mestura que garante un bo rato de música e divertimento.
Por último, ás 23:45 horas comezará o directo de Os Mangacarballos, unha formación de música tradicional galega que se caracteriza polo uso de gaita, percusión e voces para recrear pezas do repertorio popular, así como composicións de inspiración tradicional para sesións de festa e verbena. Un directo animado e centrado na recuperación e posta en valor da música de raíz.
E coma sempre, ás 00:00 horas, o acendido da tradicional fogueira da noite máis máxica do ano, que dará paso ao fin de festa. Sobre ás 00:45 horas comezará o DJ Set da man da academia MezclaMos Música e o talento de Jenni Riveiro. Un peche musical a unha tarde noite moi especial en Tameiga.
Hora
23 xuño, 2026 18:00(GMT+02:00)
Localización
Sala Rebullón
Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain
Hoxe móvese
xullo


