>
23xuñ21:00San Xoán en CandeánAS NOSAS DESTAS |De BALDE21:00(GMT+02:00) Candeán
Detalles do eventos
A Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán organiza a súa tradicional celebración da Noite de San Xoán no recinto do local da asociación. A cita contará cunha
Detalles do eventos
A Unión Veciñal Cultural e Deportiva de Candeán organiza a súa tradicional celebración da Noite de San Xoán no recinto do local da asociación. A cita contará cunha variada proposta gastronómica para cear e unha gran ambientación musical de corte tradicional que acompañará aos asistentes durante toda a velada.
Horarios e actividades:
- 21:00 h: Inicio da festa coa apertura dos postos de comida e bebida. Ofreceranse sardiñas, choripán, viños, cervexa, refrescos e a tradicional queimada.
- Animación musical: A velada estará totalmente amenizada pola música en directo da Charanga Imperiais e a actuación das pandereiteiras Augas de Maio.
- Lume: Acendido da fogueira de San Xoán ao longo da noite.
Hora
23 xuño, 2026 21:00(GMT+02:00)
Localización
Candeán
36317 Vigo
Other Events
Hoxe móvese
xullo


