23xuñ17:00San Xoán de MatamáAS NOSAS FESTAS |De balde17:00(GMT+02:00) Torreiro de Matamá
Detalles do eventos
Matamá celebrará a noite de San Xoán cunha xornada que mestura tradición, divulgación, gastronomía e música arredor dunha das festas máis agardadas do ano. O torreiro da festa
Detalles do eventos
Matamá celebrará a noite de San Xoán cunha xornada que mestura tradición, divulgación, gastronomía e música arredor dunha das festas máis agardadas do ano. O torreiro da festa converterase nun punto de encontro para veciñanza e visitantes cunha programación que arranca xa pola tarde e que inclúe actividades para todas as idades, desde unha andaina para coñecer as herbas de San Xoán ata xogos tradicionais, sardiñada e actuacións musicais.
A celebración, organizada pola Asociación Veciñal A Unión, a Irmandade das Neves, a S.C.D. Atlántida de Matamá e a Comunidade de Montes, recupera unha das tradicións máis vencelladas á noite do solsticio: a recollida das herbas de San Xoán e os seus usos populares.
Programación:
- 17:00 h | Charla sobre as herbas de San Xoán a cargo de Faia Educación Ambiental
- 18:00 h | Andaina para coñecer e recoller as herbas de San Xoán
- 20:00 h | Mostra das herbas de San Xoán
- 20:00 h | Xogos tradicionais con Miudiño S.Coop. Galega
- 21:00 h | Reparto de sardiñas
- 21:30 h | Actuacións do Grupo de Gaitas Atlántida, Cantareiras Atlántida e Setecuncas
- 00:00 h | Acendido da fogueira
- A continuación | Actuación de David Correa e sesión de DJ Djvv
Hora
23 xuño, 2026 17:00(GMT+02:00)
Localización
Torreiro de Matamá
Rúa de Manuel Cominges, 18, 36213 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


