>

23xuñ20:00San Xoán As da IndustriaAS NOSAS FESTAS |De balde20:00(GMT+02:00) Parque de Joaquín García Picher

Detalles do eventos

A Asociación Cultural As da Industria celebrará unha nova edición da súa Fogueira de San Xoán no Parque García Picher, unha cita que volverá combinar música en directo, gastronomía e tradición arredor da noite máis curta do ano. A celebración arrancará a partir das oito da tarde e contará con actuacións musicais ao longo da xornada, ademais da habitual fogueira e servizo de comida e bebida.

A programación inclúe propostas para diferentes públicos, desde a música tradicional ata sons máis alternativos. Ademais das tradicionais sardiñas de San Xoán, haberá tamén opcións de comida vegana.

Programación:

  • 20:00 h | Inicio da festa
  • Actuación da Escola de Meiguiñas
  • Actuación de Manga de Carballos
  • Concerto de Peter Punk
  • Actuación de Cans de Palleiro
  • Fogueira de San Xoán

Hora

23 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Parque de Joaquín García Picher

Rúa da Coruña, 59, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events