>

31dec12:00A Carreira de San Silvestre quere acadar os cinco mil corredoresACTIVIDADES DEPORTIVAS | De balde12:00(GMT+01:00) Porta do Sol

Detalles do eventos

A clásica carreira solidaria do 31 de decembro non podía faltar nestas festas. Sobrepasados os catro mil inscritos, a organización quere alcanzar os catro milleiros de participantes nesta proba que se realizará en horario matutino. Unha cifra que será superior a das últimas edicións, pero que aínda estará lonxe das máis de sete mil que participaron na carreira de 2019. As inscricións están abertas na web Carreiras Galegas ata o domingo 28 de decembro.

Como sempre a inscrición é gratuita, o único requerimento é a doazón ao Banco de Alimentos de comida non perecedoira o día da carreira. O percorrido circular comeza e remata na Porta do Sol. Nada máis comezar os atletas terán que esquivar os adornos natalicios ao seu paso polas rúas Policarpo Sanz e García Barbón; xirarán a esquerda por Rosalía de Castro e descenderán por Serafín Avendaño ata o Areal, para evitar a Alameda os atletas pola súa Pontevedra, continuarán por Marqués de Valladares e baixarán por Carral en dirección ao Náutico. A partir deste punto comeza a parte máis exisente do percorrido, os corredores terán que volver á Porta do Sol atravesando as rúas Mestre Mateo, Teófilo Llorente, rúa Real, Méndez Núñez, praza Eduardo Chao, rúa Alta e Elduayen.

Unha das particularidades desta proba deportiva é que anímase aos participantes a ir disfrazados e levar elementos decorativos. De feito, como é habitual, premiarase aos máis orixinais. Haberá nove galardóns repartidos en tres categorías: mellor disfraz individual de neno, individual adulto e grupos. Os obsequios entregaranse ao finalizar a proba debaixo da árbore da Porta do Sol.

INSCRICIÓNS AQUÍ

Recollida de dorsais

Lugar: El corte Inglés (VIGO) 
Horario:  
Día 30 de decembro de 10:00 horas a 22:00 horas.
Día 31 de decembro de 10:00 horas a 11:00 horas.

Recollida de alimentos:
Como en anteriores edicións, na carreira San Silvestre levarase a cabo unha acción solidaria en favor do Banco de Alimentos. Tódolos participantes entregarán alimentos non perecedoiros no horario de 10:00 h a 11:50 h nas carpas habilitadas na praza da princesa.

Hora

31 decembro, 2025 12:00(GMT+01:00)

Localización

Porta do Sol

Praza Porta do Sol, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events