>
Detalles do eventos
A parroquia de Coruxo celebra esta fin de semana as tradicionais festas de San Sebastián en Fragoselo, cun programa que combina música, actividades populares e actos relixiosos.
Detalles do eventos
A parroquia de Coruxo celebra esta fin de semana as tradicionais festas de San Sebastián en Fragoselo, cun programa que combina música, actividades populares e actos relixiosos.
O venres 5 de xuño darán comezo os festexos coa verbena amenizada pola orquestra Fuego e a discomóbil Nexus.
O sábado 6 celebrarase a misa cantada ás 12:30 horas, acompañada pola charanga Excombro. Pola tarde actuarán a Escola Infantil de Baile Tradicional do CRAC de Coruxo e o Grupo Etnográfico A Buxaina. Pola noite terá lugar a verbena coas orquestras Magos e Gran Parada.
O domingo 7 celebrarase a misa solemne e a procesión acompañadas pola Unión Musical de Coruxo, que ofrecerá un concerto ao remate dos actos relixiosos. A programación continuará con cucañas, poxas do santo e a actuación de Cé Orquestra Pantasma. As festas rematarán coa actuación do grupo La Banda de Ayer.
Hora
5 xuño, 2026 00:00 - 7 xuño, 2026 23:59(GMT+02:00)
Localización
Coruxo
Coruxo, Vigo, Nigrán, Pontevedra
Hoxe móvese
xuño



