CONGRESO MAR >

14ago(ago 14)20:3017(ago 17)23:59Romaría de San RoqueAS NOSAS FESTAS | De balde20:30 - 23:59 (17)(GMT+02:00) Finca de San Roque

Detalles do eventos

Entre o 14 e o 17 de agosto, celébrase a Romaría de San Roque, a romaría urbana máis grande de Galicia. Preto de ser declarada como Festa de Interese Turístico de Galicia, trátase dunha das festas maiores de Vigo, concretamente do barrio de San Roque. Este festexo conta con procesión, verbena, exvotos, postos de artesanía e comida, actividades infantís e concertos, entre outros. Este ano, no apartado musical destacan artistas como David Civera, Orquesta Mondragón, Stoned at Pompeii ou Os Bechuchos.

Para consultar unha guía con todas as festas maiores da cidade, preme AQUÍ.

Non só é a máis grande de Galicia senón, tamén, a máis antiga. As primeiras edicións da Romaría de San Roque dátanse no S. XVI. Desde os seus inicios, a festa celébrase os días 15 (Asunción da Virxe), 16 (San Roque) e 17 (O Can) de agosto, sendo o último unha homenaxe ao can que acompañaba ao santo durante a súa peregrinaxe, lambéndolle as feridas.

San Roque, coñecido como o santo milagreiro, é o patrón de Vigo e das epidemias. Na Idade Media, os cristiáns encomendáronse a el para acabar coa peste. De feito, a tradición conta que en 1958, cando dita enfermidade acabara coa vida de máis de 2.000 vigueses, San Roque chegou á cidade e fixo desaparecer a peste. Actualmente, segundo a lenda, quen padeza algunha doenza debe levar ao milagreiro unha reprodución en cera da zona do corpo que esté afectada para poder curarse.

A programación completa da Romaría de San Roque é a seguinte:

14 de agosto

  • 20:30 h | Pregón a cargo de Alberto Cunha
  • 22:00 h | Os Bechuchos
  • 00:00 h | Orquesta Mondragón

15 de agosto

  • 13:30 h | Sesión vermú a cargo de Faino Ti
  • 21:00 h | Nacional 81
  • 22:30 h | O Maketón de LOS40: Malfinde
  • 00:15 h | O Maketón de LOS40: Stoned at Pompeii

16 de agosto

  • 12:00 h | Misa maior cantada pola Coral Riomao
  • 13:30 h | Pasarrúas, animación e concertos a cargo da Escola de Música de Beade e a Charanga Costamekrelo
  • 21:00 h | Charamuscas
  • 22:00 h | El Último Guateque
  • 00:00 h | David Civera

17 de agosto

  • 13:00 h | Banda de Música de Valladares
  • Mediodía | Sesión vermú + xantar popular
  • 18:30 h | Mago Jorge Lorenzo
  • 22:00 h | Orquesta La Banda de Ayer

Así mesmo, como cada ano, tamén haberá un torneo de fútbol e celebraranse os actos litúrxicos correspondentes á festa. Para máis información, preme AQUÍ.

Hora

14 agosto, 2025 20:30 - 17 agosto, 2025 23:59(GMT+02:00)

Localización

Finca de San Roque

Rúa Filipinas, s/n, Sárdoma, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events