VIALIA
bannerPicnicSesions

San Camelín: o Centro Comercial Camelias organiza un 'First Dates' por San Valentín

14febTodo o díaSan Camelín: o Centro Comercial Camelias organiza un 'First Dates' por San ValentínACTIVIDADES PARA O COCO | De balde(Todo o día: martes)(GMT+01:00) Centro Comercial Camelias

Detalles do eventos

Paréceche que o amor é un asunto complicado? Déixao en mans de San Camelín! Este 14 de febreiro, 10 solteros terán a oportunidade de coñecer á súa alma xemelga no Centro Comercial Camelias, grazas ás citas a cegas que organizarán baixo o nome de San Camelín. Se tras as citas exprés que se realizarán nas cafeterías do local conseguen facer match, serán convidados polo Centro Comercial Camelias a unha segunda cita cunha cea gratis en La Terraza Creperie.

Como participar:

As persoas interesadas deberán enviar os seguintes datos a través do Facebook ou o Instagram dos organizadores: nome, foto (opcional), idade e número de teléfono (para poder contactarche en caso de ser escollido). Ademais debes engadir información sobre que estás buscando, afeccións, se cres nas vibes e o esoterismo, e por último, tres características que debe ter esa persoa especial para que sexa perfecta para ti.

Con esta información os cupidos traballarán arreo para atopar a parella perfecta para cada candidato e o 13 de febreiro comunicarase cos seleccionados para indicarlle o lugar e hora da súa cita. O Centro Comercial Camelias convidará a todas as parellas ás súas consumicións, nunha aposta polo amor a primeira vista. Ademais, as citas contarán con ambientación especial con candeas, realizada por A Cova da Meiga.

Máis

Hora

Todo o día (Martes)(GMT+01:00)

Localización

Centro Comercial Camelias

Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra

Other Events