VIALIA
bannerPicnicSesions

San Brais: Os Vacalouras

27xan23:30San Brais: Os VacalourasAS NOSAS FESTAS | De balde23:30(GMT+01:00) Furancho Endulza tu Vida

Detalles do eventos

Os Vacalouras actuarán no furancho Endulza tu vida polo San Brais.

Herdeiros do rock bravú dos anos 90 e pioneiros do pataca’n roll, Os Vacalouras son a banda máis famosa da parroquia de Teis. Conta a lenda que, no 2004, Víctor e Gabi crearon a súa primeira canción, Viaje sideral, despois dunha inspiradora partida ás agachadas. Máis adiante, súmanse Adrián á batería e Pepe ao baixo e forman un cuarteto que celebra 15 anos de traxectoria cun concerto o venres 16 de decembro na Sala Máster Club.

A instrumentación de banda clásica de rock aderézase cunha gaita, tocada de maneira rabiosa polo vocalista Gabi. Esa será unha das claves do seu son, xunto a unhas letras do máis persoal: escatoloxía e ruralismo a ritmo de punk rock experimental. A súa discografía, formada por dous EP e un álbum publicado en 2021, contén himnos xeracionais como Súbete ao Vitrasa, Trillei a pirola coa tapa do váter, Desbrozadora, Quero ser Miro Pereira ou O Samil é Portugal, interpretada xunto a lenda lusa Quim Barreiros.

Actuacións musicais ao longo das semanas durante a celebración do San Brais:

20/01 ás 21:00 – Cuarteto os furancheiros (itinerante)
20/01 ás 22:00 – Algarabia (Endulza tu vida)
21/01 ás 20:00 – Melidaos (itinerante)
21/01 ás 23:00 – Batucada Bate no Cobre (Endulza tu vida)
22/01 ás 12:30 – Lume de Cana Folk (Palco Novelos)

27/01 ás 21:00 – Os Podridos (Palco Novelos)
27/01 ás 23:30 – Os Vacalouras (Endulza tu vida)
28/01 ás 12:30 – Ateneo Musical Bembrive (itinerante)
28/01 ás 20:00 – Pelepau (Palco CTR Bembrive)
29/01 ás 12:30 – Charamuscas (itinerante)
29/01 ás 16:00 – Treboada (itinerante)

02/02 ás 21:00 – Regueifas Caruncho e Benito – Palco Vello
03/02 a partir das 12:30 – SAN BRAIS: Misa Solemne cantada pola polifónica Helios + concerto da Banda Cultural de Arcade + Pregón e foliada

Máis

Hora

(Venres) 23:30(GMT+01:00)

Localización

Furancho Endulza tu Vida

Camiño Novelos, 28, 36313 Vigo, Pontevedra

Other Events